Ideas con flow
What the Flow nace co obxectivo claro de facer as cousas radicalmente diferentes. Despois de máis de dez anos currando en axencias convencionais decidimos dar o paso. O paso para crecer, crear e construír todo o que sabiamos que podíamos facer. Somos novos (se nacemos nos 90, seguimos sendo mozos, non?), intrépidos e temos ideas salvaxes. Creamos mensaxes que deixan a todo Dios en plan ‘Que cona?’. Se buscas o convencional, estás no lugar equivocado.
Se queres flow, dámosche 7 cuncas
Ideas con flow
What the Flow nace co obxectivo claro de facer as cousas radicalmente diferentes. Despois de máis de dez anos currando en axencias convencionais decidimos dar o paso. O paso para crecer, crear e construír todo o que sabiamos que podiamos facer. Somos novos (se nacemos nos 90, seguimos sendo mozos, non?), intrépidos e temos ideas salvaxes. Creamos mensaxes que deixan a todo Dios en plan ‘Que cona?’. Se buscas o convencional, estás no lugar equivocado.
Se queres flow,
dámosche 7 cuncas
Servizos
Branding
Pode que che custe aceptalo, pero se a unha persoa nada nos 90 o teu packaging e a túa marca parécelles ancestrais: foder, faille caso. Non queremos cambiar a túa esencia, se duraches tanto por algo será, pero unha lavadiña de cara cada 10 anos non fai dano. Se o teu proxecto non ten marca, déixanola nas nosas mans, sabemos que é o teu bebé, estará mellor que entre algodóns.
Social Media
Somos novos pero da vella escola de Fotolog. Estamos á última dos fucking trends en redes sociais, basicamente porque pasamos o día viciando en TikTok e Instagram. Vaites, que aplicamos as tendencias máis novidosas para que a túa marca se diferencie da competencia a través do valor engadido: o engagement e a interacción chegarán sós! Ademais asesorámosche con social ads :).
Audiovisual
Codificamos as túas ideas a 25 fotogramas por segundo. Basicamente collemos a túa movida que pode parecer un puto tostón e transformámola nun vídeo chulísimo e que entende todo cristo. Se necesitas un vídeo corporativo gravámolo, se necesitas crear contido, editámoscho, se necesitas un motion graphic animámolo. Seica valemos pa un roto e pa un descosido.
Web
Se a túa web está na quinta páxina de Google e carga lento de collóns sabes que necesitas un cambio. Se cando che falamos de H1, html ou responsive decátaste do mesmo que escoitando cancións en inglés, en serio, para xa e chámanos. Se directamente non tes web, en que ano vives? Dámosche a benvida ao S.XXI, fai scroll e contáctanos de forma urxente.
Servicios

Okei. Por fin te decidiches.
Estás aquí porque evidentemente necesitas algo. Vender moito, máis e mellor pero non sabes como carallo facelo. Parabéns, polo menos estás no sitio adecuado. Se queres que os teus resultados flúan e inflúan, chámanos, envíanos un whatsapp, un correo, o que queiras (fax non).